Logo Xerais

Politica de Cookies

Este documento infórmalle e describe a Política de Cookies da web cuxa url é xeraiseducacion.gal (en diante, a Web) e cuxa titularidade corresponde á entidade EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.U. con domicilio para os efectos de notificacións en C/ Dr. Marañón, 10. 36211 – Vigo (Pontevedra), con CIF nº A-36617496 e inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, no Folio: 211 - Libro: 252 - Folla: 3550 (en diante, EDICIÓNS XERAIS).

Mediante o uso desta Web o Usuario e/ou vostede, denominado así indistintamente, consente e acepta expresamente o tratamento da información solicitada na forma e cos fins que se detallan neste documento. Así mesmo, recoñece coñecer a posibilidade de rexeitar o tratamento de tales datos ou información rexeitando o uso de Cookies mediante a selección da configuración apropiada a tal fin no seu navegador. Se ben esta opción de bloqueo de Cookies no seu navegador pode non permitirlle o uso pleno de todas as funcionalidades da Web.

Que é unha cookie?

Cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer o usuario. O navegador do usuario memoriza cookies no disco duro soamente durante a sesión actual ocupando un espazo de memoria mínimo e non prexudicando ao ordenador. As cookies non conteñen ningunha clase de información persoal específica, e a mesmas bórranse do disco duro ao finalizar a sesión de navegador (as denominadas cookies de sesión).

A maioría dos navegadores aceptan como estándar ás cookies e, con independencia destas, permiten ou impiden nos axustes de seguridade as cookies temporais ou memorizadas.

QUE TIPOS DE COOKIES UTILIZA ESTA WEB?

  • Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.
  • Cookies de personalización: Son aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través do cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.
  • Cookies de análise: Son aquelas que ben tratadas por nós ou por terceiros, permítennos cuantificar o número de usuarios e así realizar a medición e análise estatística da utilización que fan os usuarios do servizo ofertado. Para iso analízase a súa navegación na nosa páxina web co fin de mellorar a oferta de produtos ou servizos que lle ofrecemos.
  • Cookies publicitarias: Son aquelas que, ben tratadas por nós ou por terceiros, permítennos xestionar da forma máis eficaz posible a oferta dos espazos publicitarios que hai na páxina web, adecuando o contido do anuncio ao contido do servizo solicitado ou ao uso que realice da nosa páxina web. Para iso podemos analizar os seus hábitos de navegación en Internet e podemos mostrarlle publicidade relacionada co seu perfil de navegación.
  • Cookies de publicidade comportamental: Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, se é o caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma desde a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o que permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función deste.
  • Cookies de terceiros: A Web pode utilizar servizos de terceiros que, por conta do titular da Web, recompilasen información con fins estatísticos, de uso da Web por parte do usuario e para a prestación doutros servizos relacionados coa actividade da Web e outros servizos de Internet.

Esta Web utiliza os servizos de Google Analytics e AdWords prestados por Google, LLC. con domicilio nos Estados Unidos, con sede central en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View, California 94043. Para a prestación destes servizos, estes utilizan cookies que recompilan a información, incluída a dirección IP do usuario, que será transmitida, tratada e almacenada por Google nos termos fixados na Web www.google.com. Incluíndo a posible transmisión da devandita información a terceiros por razóns de esixencia legal ou cando ditos terceiros procesen a información por conta de Google.

Así mesmo, utiliza os servizos de Wordpress da entidade AutO’Mattic A8C Ireland Ltd. Con domicilio en Business Centre, No.1 Lower Mayor Street International Financial Services Centre Dublín 1, Irlanda, rexéndose polos termos establecidos na web https://automattic.com/es/

COMO PODE ELIMINAR AS DE COOKIES QUE UTILIZA ESTA WEB E QUE CONSECUENCIAS TEN?

Vostede poderá configurar o seu navegador para bloquealas e, no seu caso, eliminalas. Non obstante, se selecciona esta configuración, quizais non poida acceder a determinadas partes do Sitio Web ou non poida aproveitarse e/ou usar algún dos servizos desta xa que algunhas funcionalidades da Web poderían verse afectadas ou anuladas. A menos que axustase a configuración do seu navegador de forma que rexeite cookies, o noso sistema producirá cookies cando se conecte á nosa Web.

Non obstante, vostede pode, en calquera momento, restrinxir, bloquear ou borrar as cookies desta Web. Para iso deberá modificar a configuración do seu navegador no que respecta ao uso de cookies a través do menú “Preferencias”, “Opcións” ou “Ferramentas” (o nome dos menús ou o procedemento para acceder ás opcións de cookies varían dependendo do navegador utilizado). Para máis información sobre a configuración de cookies consulte o menú “Axuda” do navegador que teña instalado no seu equipo terminal.

  • Internet Explorer: windows.microsoft.com/es-xl/internet-explorer/delete-manage-cookies#ie="ie-10"
  • FireFox: support.mozilla.org/es/kb/Borrar%20cookies
  • Chrome: support.google.com/chrome/answer/95647?hl="es"
  • Safari: www.apple.com/es/privacy/use-of-cookies/

CONTACTO

Se ten dúbidas sobre esta política de cookies, pode contactar connosco a través da conta de correo electrónico admin@anaya.es

Copyright ©2012 Edicións Xerais de Galicia S.A.